Nas aulas están a traballar arreo para a exposición das ciencias da planta baixa .
A rapazada colaboradora de LIBROLANDIA creou de xeito colaborativo, a través da aula virtual, uns carteis con nubes de palabras científicas en galego.

E ti, de que libraría ves sendo?
En Librolandia somos das librarías de barrio, das que están preto de nós, das que aconsellan, das que se emocionan ao recomendarche un libro.
Somos moito de "Moito Conto", de " Alita cómics", de "Santos e Ochoa", de "Ler librerías"...
Nesta ocasión 5 dos colaboradores de 5° da biblioteca acompañáronnos á libraría do barrio, "Ler librarías", para escoller libros para a biblioteca. Falaron coa libreira, pedíronlle consello, escoitaron as súas recomendacións e aínda que lles custou decidirse con tantos libros, ao final fixeron unha selección variada.
E ti, de que libraría ves sendo?
Neste GENIALLY podemos atopar información sobre o Protocolo Covid na biblioteca, sobre o PDI que traballaremos neste ano, sobre as actividades para as familias e moito máis.