domingo, 29 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante o mes de Novembro preparamos unha exposición no corredor da entrada ao centro no que moitas clases colocaron os traballos que están realizando sobre as ciencias. Tamén aproveitamos para expoñer unha pequena selección de materiais e  libros da biblioteca relacionados coa ciencia en galego.
 Algunhas rapazas e rapaces animáronse a gravar as súas investigacións para compartilas .

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE.

O próximo xoves 3 de decembro, celébrase o día da discapacidade.
 Desde Librolandia presentamos algúns dos moitos libros sobre este tema que temos na biblioteca e engadimos unha presentación feita pola mestra Inés de Audición e Linguaxe con curtametraxes para poder traballar con todo o alumnado.

Curtametraxes sobre a Discapacidade

viernes, 27 de noviembre de 2020

Alumnado de segundo

 O alumnado de segundo mailo seu titor Pablo en Librolandia. A rapazada participa de varios obradoiros empregando algúns dos recursos da biblioteca escolar. 









jueves, 26 de noviembre de 2020

Eliminación da violencia de xénero 2020

Todo o alumnado do centro colgou o seu lazo para amosar a súa repulsa contra a violencia de xénero. Para acabar co virus da violencia de xénero cada aula creou unha vacina para combatir este mal.
O alumnado de 6º de Primaria gravou un vídeo no que amosa a súa visión sobre a violencia de xénero.



miércoles, 18 de noviembre de 2020

Podcast Radiocuruxa. Mes da ciencia en galego.

 Radiocuruxa volve a cobrar vida. Esta vez da man da xentiña de tercero de primaria. 

Estes pequenos locutores fixeron un enorme traballo de investigación sobre Isabel Zendal e a vacina da variola,  para a realización da escaleta.