fondo
Etiquetas
- #amosarte
- #FICANACASA
- #undianacasaunconto
- AMI
- AXENDA 2030
- AXENDA CULTURAL
- CELEBRACIÓNS
- Colaboradores
- CONSTRUÍNDO EN FAMILIA
- CORES
- Deseño PDI
- Equilibrio PDI
- ESPAZOS CREATIVOS
- EXPERTOS
- FORMACIÓN USUARIOS
- GALICIA EN RUTA
- LENDAS
- LETRAS GALEGAS
- NOVIDADES
- open Science
- PATIO EN XOGO PDI
- PROXECTO CONSTRUIMOS
- RADIO
- SOLIDARIA
- Teatro
- VÍDEOS
- VISITAS AUTORES
domingo, 14 de febrero de 2021
ENTROIDO GALEGO NO GRAXAL
DÍA MUNDIAL DA RADIO. OS PODCAST DE RADIOCURUXA NO CURSO 2020-2021
No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946.
O curso 2020-2021 e o segundo ano no que o noso centro está no programa "Radio na biblio" pero por causa da pandemia e o primeiro curso no que podemos gravar desde a radio do cole.
Nesta presentación fixemos unha recompilación cos 16 Podcast gravados no que levamos de curso, dos cales 6 son inéditos feitos polo alumnado de 5º A sobre o ENTROIDO e relacionados co PDI de centro "GALICIA EN RUTA, ANDAINA GALEGA".
A radio é unha ferramenta pedagóxica de gran alcance capaz de xerar unha importante dinámica de comunicación, de apoio aos proxectos, de difusión de produtos culturais e das investigacións elaboradas polo alumnado, unha ferramenta facilitadora da educación para a competencia en información e medios.
jueves, 11 de febrero de 2021
ENTREVISTAS NA RADIO E POR VIDEOCONFERENCIA NO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
O alumnado de 5º A realizou unha entrevista por vídeoconferencia coa Doutora María Delgado, cirurxiá torácica no CHUAC.
O alumnado de 3º A realizou unha entrevista por vídeoconferencia coa técnica do laboratorio Healthincode; Marta Neira .
Manuel, Enya, Lara e Martín, alumnas e alumnos de 4º B entrevistan a Marga, enfermeira do colexio con motivo da celebración do Día da muller e a nena na ciencia.
miércoles, 10 de febrero de 2021
MULLERES DE CIENCIA DO GRAXAL. 11 DE FEBREIRO, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
Nesta semana enviouse unha mensaxe pola aplicación Abalar as familias cun pequeno formulario online. Este formulario iba dirixido ás nais, avoas, tías... das nosas alumnas e alumnos que traballan no ámbito das STEM ( ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) coa intención de AMOSAR A PRESENZA DAS MULLERES DO GRAXAL NA CIENCIA .


sábado, 6 de febrero de 2021
jueves, 4 de febrero de 2021
Novo mobiliario
Seguimos reformando os espacios. Acaban de chegar novos mobles máis versátiles xa que podemos colocalos en diversas posicións para adaptalos a diversos espacios e alumnado. As rodas facilitan movelos de ubicación.
Van a chegar máis mobles novos estade atentos ás novas
miércoles, 3 de febrero de 2021
PODCAST DE 5º A REALIZADOS NOS OBRADOIROS DE FORMACIÓN CON REDE ESPORA.
O pasado venres o alumndo de 5º A participou nun obradoiro de radio escolar co equipo de Rede Espora.
Aquí tedes os audios que realizaron durante esta formación.














