miércoles, 3 de marzo de 2021

A XORNADA DE FÚTBOL EN RADIOCURUXA

 A nosa radio non para!

 Damián, Daniel, Eloy, Abel e Martín, 5 alumnos de 6º B decidiron que xa que este ano non poden xogar ó fútbol polo menos van a falar del. Así que recompilaron estatísticas, viron partidos e nótase que escoitaron moita radio para facer este espectacular programa no que comentan os partidos da liga española, da Champions e da Copa do Rei. Un debate de case 20 minutos que non ten desperdicio. 

Que se prepare Manolo Lama e Manu Carreño que chega, pisando forte, unha nova xeración de locutores deportivos.



Novo podcast do alumnado de 3°A

 A rapazada de 3° A entrevista a Mortiña unha persoaxe dunha serie de contos.

Se queredes saber máis sobre quen é... Escoitade o podcast!





martes, 2 de marzo de 2021

FORMACIÓN DO PROFESORADO

Onte tivemos en Librolandia, unha xornada de formación para o profesorado do centro. Os temas que se trataron foron emprego da impresora 3D e do croma na aula e amosáronse varios materiáis que temos na biblioteca e como se poden empregar no día a día como recursos para apoiar a práctica docente. 











 

jueves, 25 de febrero de 2021

ROSALÍA EN 3D

 A impresora 3D, nesta ocasión tamén tivo que traballar preparando uns colgantes coa imaxe de Rosalía de Castro que levaron para a casa as nenas e nenos de 5º A de Educación Infantil. No colgante tiñan un código QR que enlaza co vídeo que fixeron de "Rosalía en Cambre".





miércoles, 24 de febrero de 2021

martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO (RECURSOS NAS BIBLIOTECAS PLAMBE)

 O 24 de Febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Desde o noso centro estanse realizando moitas actividades que iremos publicando nesta semana pero tamén queremos compartir os traballos que se fan desde outras bibliotecas pertencentes ó PLAMBE.

En primeiro lugar, un SCAPE ROOM para saber máis da vida da escritora realizado no CEIP RAQUEL CAMACHO (A Coruña). 

Desde o CEIP XESÚS SAN LUIS ROMERO (Carballo) compartimos este pasapalabra.
E unha escolma de poemas musicados e un crebacabezas desde o CEIP FILOMENA DATO (Barbadás- Ourense)preview36pieceRosalía peques

domingo, 21 de febrero de 2021

Novas

 Seguimos adaptando o mobiliario á diversidade de alumnado e comunidade educativa do centro. Mobles máis accesibles e espazos dinámicos que poden adaptarse ás multiples actividades que xurden cada día.