lunes, 14 de junio de 2021

Colaboradores 20-21

 Despedimos un ano máis aos colaboradores de biblioteca. Ao longo do curso fan cartelería, axudan nos préstamos, vixiancia e ordenación da biblio, propoñen lecturas para mercar... e un montón de tarefas imprescindibles. 

Agradecemos a colaboración e agasaiámolos cunha mochila, unha libreta e un marca páxinas das Bibliotecas Escolares de Galicia

#plambe #bibliotecasolidaria #bibiotecacreativa 



Actividades de fomento da lectura

 O alumnado de terceiro de primaria tivo a sorte de poder falar con Ledicia Costas por vídeo conferencia sobre a colección dos Minimortos. 

Descubriron moitas curiosidades sobre estas divertidas pantasmas de conto. 

Ademais preguntáronlle a Ledia curiosidades tales camo cal é a súa cor favorita, os libros preferidos, cando cumpre anos , cantos libros ten escritos , a que videoxogos xoga... 








viernes, 4 de junio de 2021

Galicia en ruta, andaina galega

 Neste vídeo o noso alumnado explica a ruta de aprendizaxe que emprendimos neste curso. 

Familias , cativos e mestres así como o resto da comunidade educativas camiñaron xuntos enriquecendo éste proxecto a cada paso. 

Ao longo desta aventura coñecemos a fauna, os bosques, as cidades, lugares fermosos, camiños, as hortas, o mar, illas, xogos tradicionais ,arte, personaxes fantásticos, deportistas de sona, escritoras e escritores, alimentos con denominación de orixe, festas e moito moito entroido... 

Grazas un ano máis por participar desta viaxe. 

Seguimos en ruta! 




jueves, 3 de junio de 2021

Mañá . Gran estrea!!!

 A pandemia fixo cambiar algún dos nosos costumes. Este ano non podemos facer o pase de portas abertas e presentación do proxecto anual como habitualmente. Pero coma sempre buscamos xeitos de achegarvos todo o traballo realizado ao longo deste complexo curso.

Mañá o alumnado presentará toda a andaina desenvolvida nun vídeo no que recorreremos a ruta educativa trazada neste ano.

Galia en ruta andaina galega

Os expertos do Graxal



  

A horta

 A rapazada de segundo A fíxonse expertos da horta. Comparten connos éste vídeo para ensinarnos algo do que aprenderon. 

Proxecto: Galicia en ruta ,andaina galega.