sábado, 23 de octubre de 2021

martes, 19 de octubre de 2021

Novidades. Na procura de fondos.

 Pronto teremos novos fondos. Gústanos ir ás librerías ,estar en contacto coas libreiras e cos contos, recibir recomendacións...Nesta ocasión visitamos Moito Conto , na Coruña.






domingo, 17 de octubre de 2021

Emilia Pardo Bazán

Co gallo do día das escritoras a rapazada de cuarto de primaria poñen voz á propia Emilia Pardo Bazán que nos relata algún dos feitos máis reseñables da súa vida.
Dalle ao play
#díadasescritoras #bescolaresgalicia 


 

domingo, 10 de octubre de 2021

CLUB DE CIENCIAS: preparando materiais.

As nosas expertas científicas do Clube de Ciencias aproveitan o tempo preparando materiais para as maletas de Ciencias e creando actividades para compartir con toda a Comunidade educativa.






martes, 5 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS. EMILIA PARDO BAZÁN


O vindeiro día 19 de outubro festexaremos o día das escritoras.

Este ano queremos homenaxear a Emilia Pardo Bazán xa que é o ano do centenario da súa morte.

Dende Librolandia queremos facilitar a labor das aulas neste caso recollendo recursos que podedes empregar. Aquí vos deixamos unha presentación recollendo algún deles. Así como a presentación das biografías das escritoras que fixemos o curso pasado. 

Pronto poderedes desfrutar coas creacións do alumnado.