martes, 19 de abril de 2022

Radio Curuxa

Estas raparigas son grandes locutoras!

Nesta ocasión falannos de Red o novo film de Disney-Pixar. Queres escoitalas? Dalle ao play!


Familia-Escola

A familia é parte imprescindible da vida escolar. Nesta ocasión Eire e Suso, pai e filla , como expertos en fotografía comparten as súas aprendizaxes neste campo. 
Expertos, familia , escola e aprendizaxe... Para un mundo de cores. 


martes, 5 de abril de 2022

NOVIDADES ABRIL

Poesías pola Paz

As gañadoras do concurso de poesías pola paz , recibiron candanseu agasallo.
As rapazas de segundo, terceiro e quinto acudiron a Radio Curuxa para deleitarnos coas súas verbas. A biblioteca toma a palabra en voz das poetisas do Graxal.

lunes, 4 de abril de 2022

MULLERES CO MUNDO NA CABEZA

MULLERES CO MUNDO NA CABEZA Durante o pasado mes de marzo o equipo de dinamización da lingua galega coa colaboración de Librolandia, estivo preparando unha exposición que leva por título "MULLERES QUE LEVAN O MUNDO NA CABEZA". Os traballos realizados polo alumnado para o 8 de marzo, día da Muller xunto coas aportacións das familias forman parte desta exposición

domingo, 3 de abril de 2022

DIA DO TEA EN 3º B: PODCAST E TRABALLOS

 O alumnado de 3º B no día mundial de concienciación sobre o autismo, explican en que consiste este trastorno e como se traballa na súa clase xunto cos seus 2 compañeiros con TEA.