miércoles, 12 de octubre de 2022

Foliada no Graxal, a festa do millo

 Dende o Graxal queremos por en valor as nosas tradicións e costumes.

 Fai un par de anos varias aulas do noso centro festexaron unha maravillosa foliada. Nesta ocasión sumámonos á festa algunhas aulas mais.

Esta festa  tivo tal acollida que esperamos que nos vindeiros anos se sume toda a comunidade educativa.

Aquí tendes un pequeno resumo en forma de vídeo.

#amosarte #plambe #bescolaresgal 



domingo, 9 de octubre de 2022

Día das escritoras: Paula Carballeira

 O 17 de outubro é a data escollida para a celebración do día das escritoras, este ano baixo o lema: "Antes , durante e despois das guerras"

Dende Librolandia preparamos esta presentación escollendo a nosa benquerida Paula carballeira como unha das escritoras a homenaxear. No seu libro "O principio" reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precaridade , a fortaleza ante o drama humano.


jueves, 6 de octubre de 2022

Maletas Viaxeiras

 Nestes días temos no cole a maleta literaria CONTOS PARA UN PLANETA. 

Toda a comunidade educativa pode gozar con éstas lecturas que irán rulando por diferentes corredores do centro. CEIDA 

#bibliotecasolidaria #plambe #bibliolibrolandia



Día Mundial da Paralise Cerebral


martes, 4 de octubre de 2022

Clube de robótica

Este curso creamos un pequeno clube de robótica. A este selecto clube pertence alumnado colaborador de quinto de primaria. 
Durante o curso formaranse no manexo dos robots que temos na biblioteca e prepararán actividades de dinamización. Estes dinámicos axudantes serán os encargados de formar a comunidade educativa no manexo da robótica educativa do centro. 
Serán os EXPERTOS en robótica educativa.
Aquí os tedes probando as novas adquisicións.



Formación de usuarios

Os nosos benqueridos colaboradores van polas aulas explicando as normas de funcionamento da biblioteca. 







lunes, 3 de octubre de 2022

Tempo de lecer

 Por fin , despois de dous longos anos de pandemia e postpandemia Librolandia volveu abrir as portas no tempo de lecer. 

Canto disfrutamos vendo gozar a nosa rapazada.