jueves, 20 de octubre de 2022

Amosarte: artesanías de Samaín

 A rapazada de cuarto quere #Amosarte as artesanías que están a facer polo Samaín .



Acompañamentos Lectores

 Despois de varios anos de pandemia por fin volta  ao Graxal unha das actividades que mais gusta a mestres e cativos . 

Os acompañamentos lectores , alumnado dos cursos superiores amadriñan a alumnado de cursos mais baixos. 

Nestas sesións de acollemento comparten lecturas, ilustracións, adiviñas , manualidades, dramatizacións... Pero sobretodo aprendizaxe e emocións.





martes, 18 de octubre de 2022

O Moucho está de volta

 Non podía faltar o Moucho! Unha vez mais está de volta no Graxal facendo gozar a nosa rapazada da literatura.

#bescolares #bescolaresgalaberta #plambe #bibliotecacreativa








miércoles, 12 de octubre de 2022

Foliada no Graxal, a festa do millo

 Dende o Graxal queremos por en valor as nosas tradicións e costumes.

 Fai un par de anos varias aulas do noso centro festexaron unha maravillosa foliada. Nesta ocasión sumámonos á festa algunhas aulas mais.

Esta festa  tivo tal acollida que esperamos que nos vindeiros anos se sume toda a comunidade educativa.

Aquí tendes un pequeno resumo en forma de vídeo.

#amosarte #plambe #bescolaresgal 



domingo, 9 de octubre de 2022

Día das escritoras: Paula Carballeira

 O 17 de outubro é a data escollida para a celebración do día das escritoras, este ano baixo o lema: "Antes , durante e despois das guerras"

Dende Librolandia preparamos esta presentación escollendo a nosa benquerida Paula carballeira como unha das escritoras a homenaxear. No seu libro "O principio" reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precaridade , a fortaleza ante o drama humano.


jueves, 6 de octubre de 2022

Maletas Viaxeiras

 Nestes días temos no cole a maleta literaria CONTOS PARA UN PLANETA. 

Toda a comunidade educativa pode gozar con éstas lecturas que irán rulando por diferentes corredores do centro. CEIDA 

#bibliotecasolidaria #plambe #bibliolibrolandia