martes, 25 de octubre de 2022

A policía local de Cambre

 Axentes da policía local de Cambre imparten seguridade viaria á rapazada do Graxal.

Ao longo desta semana pasarán por todas as aulas para educar a cativada. Terán unha sesión teórica na aula mais unha sesión práctica.

Expertos no Graxal







Formación de Usuarios

O profesorado fará ao longo do curso diversas formacións de usuarios para aproveitar todos os recursos de Librolandia.
Nesta primeira sesión aprendemos os recunchos, as normas e o emprego do KOHA para préstamos e devolucións.





Samaín de cine no Graxal

 A rapazada está a gozar de curtas de medo no tempo de lecer.

Aquí tedes o cartel coas sesións.







jueves, 20 de octubre de 2022

Amosarte: artesanías de Samaín

 A rapazada de cuarto quere #Amosarte as artesanías que están a facer polo Samaín .



Acompañamentos Lectores

 Despois de varios anos de pandemia por fin volta  ao Graxal unha das actividades que mais gusta a mestres e cativos . 

Os acompañamentos lectores , alumnado dos cursos superiores amadriñan a alumnado de cursos mais baixos. 

Nestas sesións de acollemento comparten lecturas, ilustracións, adiviñas , manualidades, dramatizacións... Pero sobretodo aprendizaxe e emocións.





martes, 18 de octubre de 2022

O Moucho está de volta

 Non podía faltar o Moucho! Unha vez mais está de volta no Graxal facendo gozar a nosa rapazada da literatura.

#bescolares #bescolaresgalaberta #plambe #bibliotecacreativa