Dende a biblioteca escolar queremos por voz a todas as mulleres da contorno. Ao longo de toda a semana elas poderán achegarse ao estudio de gravación para ser escoitadas!
fondo
Etiquetas
- #amosarte
- #FICANACASA
- #undianacasaunconto
- AMI
- AXENDA 2030
- AXENDA CULTURAL
- CELEBRACIÓNS
- Colaboradores
- CONSTRUÍNDO EN FAMILIA
- CORES
- Deseño PDI
- Equilibrio PDI
- ESPAZOS CREATIVOS
- EXPERTOS
- FORMACIÓN USUARIOS
- GALICIA EN RUTA
- LENDAS
- LETRAS GALEGAS
- NOVIDADES
- open Science
- PATIO EN XOGO PDI
- PROXECTO CONSTRUIMOS
- RADIO
- SOLIDARIA
- Teatro
- VÍDEOS
- VISITAS AUTORES
viernes, 8 de marzo de 2024
jueves, 22 de febrero de 2024
Día de Rosalía
Alumnado de cuarto de primaria e cuarto de infantil xúntanse polo día de Rosalía como actividade de amadriñamento lector.
Afillados cos padriños e madriñas visualizan o poema " miña casa meu lar" de Follas Novas.
Despois buscan os ingredientes do CALDO DE GLORIA polos corredores do centro explicando a súa orixe e usos culinarios.
Para finalizar realizan unha ficha .
jueves, 15 de febrero de 2024
Día internacional do cancro infantil
Este ano colaboramos coa asociación Aladina na campaña visibilización do cancro infantil, #pañuelochallenge.
A rapazada do centro acudiu cunha pañoleta na cabeza e realizou uns debuxos con mensaxes de ánimo para a rapazada dos hospitais. Uns superheroes que están a loitar cada día.
Desde aquí toda a nosa forza!
lunes, 5 de febrero de 2024
Días da ilustración
Chichi Campos é o homenaxeado este ano co gallo do día da ilustración.
No cole ,a rapazada ,quixo realizar diversas caricaturas aprendendo dos diferentes retratos do ilustrador.
Aquí tedes unha pequena mostra da exposición.
lunes, 15 de enero de 2024
Ponte nas ondas en Radio Curuxa
miércoles, 20 de diciembre de 2023
Calendario
Como cada ano o equipo de dinamización de lingua galega en colaboración coa biblioteca escolar prepara un calendario lector. Cada día está asignado a un grupo e dentro da caixa atoparán una lectura sorpresa.
Equilibrio no bosque
É o título da instalación preparada pola mestra Jeni para o alumnado de 4°EI.
Unha pasada de equilibrio no bosque.



























