lunes, 18 de marzo de 2024

Instalación de ☃️ inverno

 Os mais cativiños do cole están a gozar nesta instalación preparada pola mestra Jeni.

Préstalles moito argallar en todo o espazo preparado. Todo con equilibrio estacional.









miércoles, 13 de marzo de 2024

Anxo Fariña

 O ilustrador Anxo Fariña visita al alumnado de terceiro de primaria. 

A rapazada participou deste obradoiro de biblioteca creativa.



viernes, 8 de marzo de 2024

Día da Muller 8M

 Dende a biblioteca escolar queremos por voz a todas as mulleres da contorno. Ao longo de toda a semana elas poderán achegarse ao estudio de gravación para ser escoitadas!



jueves, 22 de febrero de 2024

Día de Rosalía

 Alumnado de cuarto de primaria e cuarto de infantil xúntanse polo día de Rosalía como actividade de amadriñamento lector. 

Afillados cos padriños e madriñas visualizan o poema " miña casa meu lar" de Follas Novas.

Despois buscan os ingredientes do CALDO DE GLORIA polos corredores do centro explicando a súa orixe e usos culinarios.

Para finalizar realizan unha ficha .












jueves, 15 de febrero de 2024

Día internacional do cancro infantil

 Este ano colaboramos coa asociación Aladina na campaña visibilización do cancro infantil, #pañuelochallenge.

A rapazada  do centro acudiu cunha pañoleta na cabeza e realizou uns debuxos con mensaxes de ánimo para a rapazada dos hospitais.  Uns superheroes que están a loitar cada día.

Desde aquí toda a nosa forza!






lunes, 5 de febrero de 2024

Días da ilustración

 Chichi Campos é o homenaxeado este ano co gallo do día da ilustración. 

No cole ,a rapazada ,quixo realizar diversas caricaturas aprendendo dos diferentes retratos do ilustrador.

Aquí tedes unha pequena mostra da exposición.