miércoles, 13 de marzo de 2024

Anxo Fariña

 O ilustrador Anxo Fariña visita al alumnado de terceiro de primaria. 

A rapazada participou deste obradoiro de biblioteca creativa.



viernes, 8 de marzo de 2024

Día da Muller 8M

 Dende a biblioteca escolar queremos por voz a todas as mulleres da contorno. Ao longo de toda a semana elas poderán achegarse ao estudio de gravación para ser escoitadas!



jueves, 22 de febrero de 2024

Día de Rosalía

 Alumnado de cuarto de primaria e cuarto de infantil xúntanse polo día de Rosalía como actividade de amadriñamento lector. 

Afillados cos padriños e madriñas visualizan o poema " miña casa meu lar" de Follas Novas.

Despois buscan os ingredientes do CALDO DE GLORIA polos corredores do centro explicando a súa orixe e usos culinarios.

Para finalizar realizan unha ficha .












jueves, 15 de febrero de 2024

Día internacional do cancro infantil

 Este ano colaboramos coa asociación Aladina na campaña visibilización do cancro infantil, #pañuelochallenge.

A rapazada  do centro acudiu cunha pañoleta na cabeza e realizou uns debuxos con mensaxes de ánimo para a rapazada dos hospitais.  Uns superheroes que están a loitar cada día.

Desde aquí toda a nosa forza!






lunes, 5 de febrero de 2024

Días da ilustración

 Chichi Campos é o homenaxeado este ano co gallo do día da ilustración. 

No cole ,a rapazada ,quixo realizar diversas caricaturas aprendendo dos diferentes retratos do ilustrador.

Aquí tedes unha pequena mostra da exposición.







lunes, 15 de enero de 2024

Ponte nas ondas en Radio Curuxa

Un ano mais a rapazada de cuarto participa no obradoiro de radio impartido por Damián de Ponte nas ondas. Unha xornada na que aprenderon a modular a voz, facer pausas, mímica radiofónica e moitos trucos mais para empregar na radio. 
Pola tamén o profesorado participou no obradoiro aprendendo a montar a radio, a realizar e editar producións sonoras.