martes, 30 de marzo de 2021

Eleccións en Quinto A!

Non perdas oportunidade de ver como foi o proceso de elección de delegado en Quinto A Tedes todo recollido neste xornal con vídeos incluidos

jueves, 25 de marzo de 2021

PODCASTS COAS RECOMENDACIÓNS DE 5°A PARA SEMANA SANTA

 O alumnado de 5° A realizou en Radiocuruxa varios podcast no que nos ofrecen varias recomendacións para pasar estas vacacións de Semana Santa. Viaxes, cine, xogos, series e por suposto libros son algunhas das opcións que nos propoñen. 

miércoles, 24 de marzo de 2021

As voces do Graxal

 A cativada do Graxal está a gozar e a aproveitar os recursos de Librolandia.

O alumando de primero está a preparar un documental empregando o Video Chroma... Son uns profesionais !

E o alumnado de quinto están a piques de publicar un novo podcast... con recomendacións moi interesantes.

Atentos ás novas










NOVO EPISODIO DO TERTULIÓN DEPORTIVO EN RADIOCURUXA

 Radiocuruxa, pon os micros de novo á disposición de Martín, Abel, Damián e Adan para que nos ofrezan un novo episodio do TERTULIÓN DEPORTIVO. Nesta ocasión o debate non se centra soamente no fútbol senón que tamén intercambian opinións sobre a NBA e a Formula 1.

ALFIN/AMI. Chromebooks en Librolandia

 Na biblioteca dispoñemos de 4 Chromebooks . Estes dispositivos poden empregarse na biblio ou poden levarse ás aulas. Son dispositivos pequenos e moi rápidos para facer búsquedas de información ou traballos en rede. 

Gracias a estes dispositivos temos moi presente a alfabetización mediática e información.




martes, 23 de marzo de 2021