sábado, 29 de mayo de 2021

Actividades de fomento da lectura

 Nesta semana realizáronse dúas actividades nas que participaron 9 aulas do centro. 

O martes o alumnado de 4° e 5° puideron ver en streaming un contacontos a cargo de "A xanela do maxín" sobre o camiño de Santiago que levaba por título "A viaxe de Saira".





E o xoves Benxamín Míguez pasou polas aulas de 1° e 2° deixando encantada á rapazada cos seus contos e ilustracións. 


Obradoiros de aprendizaxe en Librolandia

 A rapazada de cuarto en obradoiros de aprendizaxe. A nosa biblioteca dispón de espacios abertos e flexibles así coma de materiais manipulativos para realizar múltiples experiencias educativas de aprendizaxe inclusivo. 








Librolandia en colaboración co proxecto OAOA matemáticas

 O centro leva anos inmerso no proxecto OAOA matemáticas para levar ás aulas unha matemática máis real, manipulativa e práctica para o noso día a día.

Aquí tedes un vídeo recopilatorio con algunhas actividades que se están a facer no centro neste campo.



viernes, 28 de mayo de 2021

FACEMOS PEZAS PARA O ESCORNABOT NA IMPRESORA 3D

Con tanto uso, os Escornabots acaban deteriorándose, pero grazas á impresora 3D podemos crear novas pezas para substituílas.

 

jueves, 27 de mayo de 2021

Graxaleiradas en directo en Radio Voz

 A nosa rapazada en Radio Voz contando como está a funcionar un ano mais o proxecto Voz Natura. 



Mércoles 26 parte 4

A partir do minuto 16'20 

Radio voz. Voces da coruña

martes, 25 de mayo de 2021

ZOADEIRAS NA IMPRESORA 3D

 O alumnado de 1° este curso estivo investigando sobre os xogos tradicionais en relación co PDI "GALICIA EN RUTA, ANDAINA GALEGA". Aproveitaron a impresora 3D da biblioteca para crear as súas propias zoadeiras. O resultado xa está listo na exposición do proxecto e preparadas para pasar un bo rato entretido.











domingo, 23 de mayo de 2021

TERTULIÓN DEPORTIVO 20 DE MAIO

Os comentaristas colaboradores de 6º B nesta ocasión teñen os nervios a flor de pel ante o final de Liga. Aquí tedes as súas opinións e previsións ante os partidos que se celebraron esta fin de semana.