miércoles, 10 de noviembre de 2021

OBRADOIROS de aprendizaxe

 A cativada de terceiro traballa en estacións ou obradoiros de aprendizaxe. Deben realizar diferentes propostas relacionadas coa xeografía. Empregan os recursos que LIBROLANDIA pon a disposición da comunidade educativa. Material manipulativo para favorecer as aprendizaxes e para unha educación máis activa.



martes, 9 de noviembre de 2021

VISITA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLOREZ- ALUMNADO 3º

O alumnado de 3º visitou Villa Florentina en Cambre, a residencia de verán do escritor que inmortalizou a Fraga de Cecebre na súa obra literaria "O bosque animado". 
A rapazada puido ver a exposición permanente con obras e obxectos persoais do artista, así como a súa biblioteca e unha colección de animais disecados.
As nenas e nenos tamén se adentraron no bosque onde puideron descubrir coa axuda dunha guía moitos dos tesouros que alí se atopan, cogomelos, árbores autóctonas...






 

Bibliociencia

As colaboradoras do clube de ciencias levan dende principio de curso a traballar nas caixas dos experimentos. 
Están a preparar diferentes experimentos en caixas para que profesorado ou alumnado poidan levalos en préstamo ás aulas. 
Fixeron os carteis, están a facer as instrucións e están a buscar os materiais . 
Todo un traballo de creación e divulgación científica.
Xa remataron dúas e teñen outras seis en proceso... Pronto en Librolandia









lunes, 8 de noviembre de 2021

Os Biosbardos cultura da Leira

 Librolandia está a colaborar cos Biosbardos Cultura da Leira, un espazo natural adicado a plantación respectando o proceso natural e o ciclo das plantas.É un proxecto agroalimentario co obxectivo de ser 100% orgánicos e sostibles .

Hoxe a rapazada de Cuarto A puido visitar este lugar e gozar das labores de recolleita , plantación, coidado do medio....

Miguel acudirá ao noso centro como experto para guiarnos e poder sacar proveito dos nosos bancais de plantación.











viernes, 5 de noviembre de 2021

Os tendóns



O centro abre novamente as portas ás familias. Nesta ocasión Aitana e a súa nai Zeltia como experta en fisioterapia falannos dos tendóns. Impresionante exposición e gran aprendizaxe para a nosa cativada. Non hai como recibir información de expertos para mellorar e desfrutar dos novos coñecementos.

jueves, 4 de noviembre de 2021

OBRADOIROS de aprendizaxe

A rapazada de Sexto está a realizar obradoiros de aprendizaxe na biblioteca escolar. Empregan os recursos que LIBROLANDIA pon a disposición de toda a comunidade educativa. #LerAprenderDescubrir #plambe #biblioescolaresdegalicia #ami #alfin #bibliocreativa