Para o Día da Paz, fíxose na impresora 3D un corta pasta con forma de pomba para cada unha das clases de infantil cos que prepararon unhas fermosas manualidades para conmemorar esta data.
Todo o alumnado do centro debuxou unha fada lembrando o cadro "As fadas do caracol", da artista galega a quen se lle dedica este ano o día da ilustración, Lolita Díaz Baliño. Con todas "as fadas da Paz" creouse un gran arco da vella no que cada cor se asocia a unhas actitudes positivas que nos axuden entre todos a conseguir a Paz.
Nalgunhas aulas tamén estiveron traballando á artista e en especial a obra que se atopa no Museo de Belas Artes de A Coruña, "As fadas do caracol".
Por último, Martín, Pablo, Mateo e Roi, colaboradores da biblioteca de 6º gravaron un podcast na radio sobre a vida da artista Lolita Díaz Baliño. Tivemos uns problemas técnicos con dous micros polo que non se escoita moi ben pero nesta semana trataremos de corrixir este erro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario