domingo, 12 de febrero de 2023

Redeiras queren amosarte

Este mércores 8 de febreiro viñeron as redeiras de Corme a amosarnos o seu traballo
tradicional. Coas súas mans artesáns,o mesmo tecen aparellos de pesca que crean
artesanía ( bolsos, colares, pulseiras…) reciclando refugallos.
Coa súa fermosa fala, Rosa, Gloria e María, contáronos da súa loita polos dereitos como
traballadoras do mar, ao mesmo tempo que nos aprendían a coser redes e a recoñecer os
diferentes tipos de apeiros segundo o tipo de pesca.
Unha experiencia fantástica que encandilou á rapazada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario