viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO. NOVA ACTIVIDADE.

Hoxe conmemórase o día mundial do teatro. O escenario do noso cole estes días está parado, pero o espectáculo do teatro segue. Queremos facer algo distinto e collemos a idea das mestras de 5º de infantil, Ana e Blanca, para ofrecervos unha nova actividade para esta semana.Tedes que crear escenas propias dunha obra de teatro a partir dunha obra pictórica, fotografialas xunto ca obra orixinal e envialas ao correo de librolandia.. Para que quede mais claro, tedes unha montaxe cos traballos que xa fixeron as alumnas e alumnos de 5º de infantil. 

O resultado é dunha calidade espectacular.

Aquí tedes as representacións de obras pictóricas que enviou o alumnado.



REFUXIOS PARA SERES MITOLÓXICOS

POR FIN TEMOS A MONTAXE CON TODAS AS FOTOS QUE ENVIÁCHEDES.

 GRACIAS A TODOS E ESTADE ATENTOS PARA A PRÓXIMA ACTIVIDADE.

                                            REFUXIOS MITOLÓXICOS

#ficanacasa #undíanacasaunconto

Conto en verso para o día da poesía

lunes, 23 de marzo de 2020

SEMANA DA POESÍA

Nesta semana queremos encher  LIBROLANDIA cos vosos poemas. Podedes gravarvos recitando o voso poema favorito ou inventar unha poesía e plasmala nun papel xunto cun debuxo. Vós decidides pero non deixedes de compartir a través do correo electrónico.

sábado, 21 de marzo de 2020

BANDA DESEÑADA

É tempo de crear, de deseñar , de sacar toda a nosa imaxinación para encher de bos desexos e de esperanza estes momentos.
MARTÍN F. 5º












ILUSTRACIÓNS



Creamos unha nova entrada, nesta ocasión para recoller tódalas ilustracións que nos facedes chegar.




 








 

 

 
 




As mestras de 1º de Primaria crearon este fermoso vídeo cos debuxos da Torre de Hércules que fixeron os seus alumnos despois dunha visita virtual ao monumento.