Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO CONSTRUIMOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO CONSTRUIMOS. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de febrero de 2020

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Celebramos o día da muller e a nena na ciencia con diversas actividades:
  • Taboleiro e xogo para o escornabot. É un xogo cooperativo no que poden participar ata 12 xogadores. Collen unha tarxeta na que aparece unha científica galega, se conseguen chegar co escornabot ao cadro no que está a foto desa científica dunha sola vez ponderan ler a información da tarxeta sobre a científica e conseguir a tarxeta. Entre todos os miembros do equipo teñen que conseguir todas as tarxetas. 
  • Exposición de libros e de fotografías de mulleres científicas galegas. 
  • Traballos de investigación do alumnado de 3°de primaria e representación dos seus traballos. 
Axenda 2030 pola igualdade de xénero.






miércoles, 5 de junio de 2019

LIBROS EDITADOS

Ao longo do proxecto deste ano editáronse varios libros , algúns fixéronos as familias , outros nas aulas e algún en colaboración familia escola. Todos pasan a formar parte das nosas creacións de Bibliolibrolandia e odedes pedilos en préstamo.




martes, 4 de junio de 2019

CONSTRUIMOS

Este é un pequeno resumo do gran proxecto construido por toda a comunidade educativa durante éste curso. Agradecer infinitamente a colaboración de toda a comunidade educativa: alumnado, familias, mestres e persoal non docente que se implicou, unha vez mais, como cada ano, na vida da escola.

domingo, 2 de junio de 2019

Open Science Cambre

Xa estamos a recibir as vosas construcións para a Open Science de Cambre. Algunhas familia solicitaron ampliar a data de entrega así que non vos apuredes recolleremos as propostas ao longo do mes de xuño e na primera semana do vindeiro curso.
Graciñas pola vosa colaboración


sábado, 18 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FESTIVAL E EXPOSICIÓN DO PROXECTO CONSTRUÍMOS

O xoves foi un día moi especial. 
Quixemos homenaxear a Antonio Fraguas, no día das Letras Galegas facendo o que el facía. Comezamos cun festival, onde o alumnado cantou e bailou pezas do cancioneiro popular, cun toque de modernidade da mestra María José de música. A continuación, as familias puideron entrar para ver a exposición que resultou, do proxecto de investigacion "CONSTRUÍMOS", no que participaron alumnos, mestres e familias.
Estamos preparando un vídeo, pero mentres deixámosvos unhas imaxes do día. 






Tedes máis imaxes no Facebook e no Instagram de Librolandia. 

miércoles, 15 de mayo de 2019

Construimos

Un éxito este material, temos un grupo de arquitectos creando todos os recreos en Bibliolibrolandia.


viernes, 10 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 festexaremos o día das letras galegas adicado éste ano a Antón Fraguas.  Estades todos convidados a participar connosco deste festexo. Ao rematar o festival poderedes entra no cole e ver a exposición do proxecto deste ano "construimos" , entre outras moitas actividades poderedes ver o noso primeiro libro editado " EN FAMILIA BUSCANDO CONSTRUCIÓNS POR GALICIA"

jueves, 9 de mayo de 2019

CONSTRUINDO PATIOS INCLUSIVOS

As mestras e mestres do Ceip Graxal recibimos a pasada semana formación da man de Cogami, confederación galega pola discapacidade, sobre patios inclusivos. Dende o equipo de Biblioteca comprometémonos a impulsar co resto de equipos docentes éste proxecto de cara o vindeiro curso, e deste xeito construir un recreo mais inclusivo, para todo o alumnado.
Axenda 2030: Alianzas para acadar obxectivos.




miércoles, 8 de mayo de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: UXÍA E A SÚA NAI EXPLICAN OS ACUEDUCTOS

Hoxe en 6°de Infantil, UXÍA e a súa nai estiveron falando sobre cómo os romanos levaban a auga ás cidades a través dos acueductos. Trouxeron unha maqueta chulísima que fixeron para que víramos como funcionaban.  




viernes, 26 de abril de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA : PONTE DA XIRA POR XIANA E A SÚA NAI.

Xiana e a súa nai estiveron hoxe na clase dos osos explicando un montón de información sobre a ponte de Xira de Sigrás. Contaron que pola ponte pasa o camiño de Santiago e trouxeron follas de Albedro, unha árbore cuns froitos moi fermosos. 







martes, 23 de abril de 2019

En familia buscando construcións por Galicia.

Festexamos o día do libro cun montón de actividades.
Entre elas a presentación do primer libro de Bibliolibrolandia.
Un libro de verbas e fotografías realizado por alumnos, familias e mestres.
Está en maquetación e moi pronto o teremos na nosa biblioteca  mentres tanto aquí vos deixamos un adianto. Esperamos que vos guste!

PREME AQUI PARA VER O VÍDEO

sábado, 13 de abril de 2019

VISITA ÁS CONSTRUCIÓNS DE CAMBRE

ONTE AS RAPAZAS E RAPACES DE 6°DE INFANTIL ESTIVERON EN CAMBRE ONDE VISITARON ALGUNHAS DAS SÚAS IMPORTANTES CONSTRUCIÓNS. TIVERON A SORTE DE CONTAR CON MONCHO COMO GUÍA QUEN LLES ENSINOU O MUSEO ARQUEOLÓXICO ONDE SE ATOPAN OS RESTOS DUNS BAÑOS TERMAIS ROMANOS, DESPOIS ENTRARON NA FERMOSA IGREXA DE CAMBRE, UN EXEMPLO DE TEMPLO DE PEREGRINACIÓN ROMÁNICA CHEO DE SÍMBOLOS E LENDAS. SEGUIRON ANDANDO E CHEGARON AO CASTRO ONDE  IMAXINARON A SITUACIÓN DAS CHOZAS E OS MUROS QUE AINDA ESTÁN ENTERRADOS. POR ÚLTIMO FORON AO PAZO DE MELLA, QUE É IMPRESIONANTE, CONTA CON POMBAL, CÁPELA, CARBOEIRA, GRANEIRA, FORNO, POZO, BEBEDEIRO PARA CABALOS...  







lunes, 8 de abril de 2019

OPEN SCIENCE CAMBRE

Queremos un ano máis participar na Open Science Cambre, que terá lugar no mes de setembro. Neste taboleiro de Pinterest podedes atopar ideas para facer en familia, algún experimento relacionado coa construción e a arquitectura. Podedes traelos ao centro ao longo do mes de maio.
NO GRAXAL CONSTRUÍMOS EN FAMILIA
https://www.pinterest.es/bibliolibrolandia/open-science-2019-construimos-en-familia/more_ideas/?ideas_referrer=9
https://pin.it/qqicm5nrtu7k4n

viernes, 5 de abril de 2019

O MUSEO ARQUEOLÓXICO DE CAMBRE NAS AULAS DE 6°DE INFANTIL

JENNY E IRENE, INVITARON HOXE AO RESPONSABLE DO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE CAMBRE PARA QUE LLES EXPLICARÁ AOS PEQUENOS COMO VIVÍAN OS ROMANOS E QUE É O QUE PODEMOS ATOPAR NO MUSEO. MONCHO SORPRENDEUSE DO MOITO QUE XA SABEN ESTAS RAPAZAS E RAPACES DA ÉPOCA DOS ROMANOS.