miércoles, 23 de febrero de 2022

Día de Rosalía


Como cada ano no Ceip. Graxal festexamos o día de Rosalía de Castro.
Nos corredores do cole a propia Rosalía expón algunhas das suas obras ademais de diferentes obras nas que ela é a protagonista.

Pero non o perdades ! ... A rapazada de Terceiro C entrevistou a Rosalía de Castro en Radio Curuxa



Para rematar esta data de aniversario , toda a rapazada do cole agasallou a nosa Rosalía cun fermoso muro de fitas de cores coas súas verbas. 
As cores das verbas de Rosalía
 


jueves, 17 de febrero de 2022

CONTACONTOS DA CURUXA CATUXA

 Onte e hoxe tivemos a sorte de contar coa CURUXA CATUXA no noso centro, que veu para facer pasar un moi bo rato á rapazada de 4º e 6º de infantil cos seus contos.

Este personaxe da compañía de teatro Trinketrinke é moi especial para a nosa biblioteca, xa que xurdiu dunha colaboración entre Librolandia e a compañía do noso querido Moucho Leroucho.  O alumnado do noso centro foi o encargado de aportar ideas de como podería ser a Curuxa Catuxa e a compañía Trinketrinke teatro foi a encargada de darlle vida.

viernes, 11 de febrero de 2022

DÍA DA RADIO: OS 12 PRIMEIROS PODCAST DO CURSO 2021-2022 EN RADIOCURUXA.

Nada mellor que a celebración do día da radio, no 13 de febreiro, para facer balance do uso da radio neste curso 2021-2022.Neste primeiro trimestre que pasou do curso RADIOCURUXA non parou de funcionar. Comezamos con dúas xornadas de formación a cargo de Loreto Silvoso e Pablo Portabales para continuar empregando as ondas para comunicar o aprendido nos proxectos da aula, para facer entrevistas e para dar a coñecer algunhas das afeccións do noso alumnado. 📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻

 

jueves, 10 de febrero de 2022

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA, RADIO CURUXA

Librolandia toma a palabra na voz das nenas do Clube de Ciencias e as rapazas de terceiro e cuarto de primaria. As inquedanzas científicas da nosa cativada son imparables. 
Nesta ocasión empregaran as ondas para explicarnos palabras científicas significativas para elas... 

Dalle ao play!


martes, 8 de febrero de 2022

NOVIDADES FEBREIRO

Despois dun pequeno parón no mes de xaneiro por estar actualizando o sistema de xestión da biblioteca ( somos dos primeiros centros que migraron de MEIGA a KOHA) aquí temos as NOVIDADES DOS MES DE FEBREIRO.

jueves, 3 de febrero de 2022

Radio Curuxa: As Tanxugueiras

 A rapazada de Cuarto A fálannos das Tanxugueiras e dannos a súa opinión sobre o BenidormFest