martes, 30 de marzo de 2021

Eleccións en Quinto A!

Non perdas oportunidade de ver como foi o proceso de elección de delegado en Quinto A Tedes todo recollido neste xornal con vídeos incluidos

jueves, 25 de marzo de 2021

PODCASTS COAS RECOMENDACIÓNS DE 5°A PARA SEMANA SANTA

 O alumnado de 5° A realizou en Radiocuruxa varios podcast no que nos ofrecen varias recomendacións para pasar estas vacacións de Semana Santa. Viaxes, cine, xogos, series e por suposto libros son algunhas das opcións que nos propoñen. 

miércoles, 24 de marzo de 2021

As voces do Graxal

 A cativada do Graxal está a gozar e a aproveitar os recursos de Librolandia.

O alumando de primero está a preparar un documental empregando o Video Chroma... Son uns profesionais !

E o alumnado de quinto están a piques de publicar un novo podcast... con recomendacións moi interesantes.

Atentos ás novas










NOVO EPISODIO DO TERTULIÓN DEPORTIVO EN RADIOCURUXA

 Radiocuruxa, pon os micros de novo á disposición de Martín, Abel, Damián e Adan para que nos ofrezan un novo episodio do TERTULIÓN DEPORTIVO. Nesta ocasión o debate non se centra soamente no fútbol senón que tamén intercambian opinións sobre a NBA e a Formula 1.

ALFIN/AMI. Chromebooks en Librolandia

 Na biblioteca dispoñemos de 4 Chromebooks . Estes dispositivos poden empregarse na biblio ou poden levarse ás aulas. Son dispositivos pequenos e moi rápidos para facer búsquedas de información ou traballos en rede. 

Gracias a estes dispositivos temos moi presente a alfabetización mediática e información.




martes, 23 de marzo de 2021

lunes, 15 de marzo de 2021

A rapazada de Cuarto A nas ondas: Radio Curuxa

Temos novo podcast xa que a cativada do Graxal encántalle mostrar ao mundo as pequenas investigacións que están a realizar na aula.

Coa axuda da mestra en prácticas Ana .


miércoles, 10 de marzo de 2021

A vida de Marie Curie contada polos Dragóns. Especial 8 M

Fixemos unha pequena selección para o día da muller dos libros dispoñibles na biblioteca (tíñamos moitos prestados) e expusemos as fotografias dalgunhas das mulleres galegas máis salientables.


miércoles, 3 de marzo de 2021

A XORNADA DE FÚTBOL EN RADIOCURUXA

 A nosa radio non para!

 Damián, Daniel, Eloy, Abel e Martín, 5 alumnos de 6º B decidiron que xa que este ano non poden xogar ó fútbol polo menos van a falar del. Así que recompilaron estatísticas, viron partidos e nótase que escoitaron moita radio para facer este espectacular programa no que comentan os partidos da liga española, da Champions e da Copa do Rei. Un debate de case 20 minutos que non ten desperdicio. 

Que se prepare Manolo Lama e Manu Carreño que chega, pisando forte, unha nova xeración de locutores deportivos.



Novo podcast do alumnado de 3°A

 A rapazada de 3° A entrevista a Mortiña unha persoaxe dunha serie de contos.

Se queredes saber máis sobre quen é... Escoitade o podcast!





martes, 2 de marzo de 2021

FORMACIÓN DO PROFESORADO

Onte tivemos en Librolandia, unha xornada de formación para o profesorado do centro. Os temas que se trataron foron emprego da impresora 3D e do croma na aula e amosáronse varios materiáis que temos na biblioteca e como se poden empregar no día a día como recursos para apoiar a práctica docente.