jueves, 25 de febrero de 2021

ROSALÍA EN 3D

 A impresora 3D, nesta ocasión tamén tivo que traballar preparando uns colgantes coa imaxe de Rosalía de Castro que levaron para a casa as nenas e nenos de 5º A de Educación Infantil. No colgante tiñan un código QR que enlaza co vídeo que fixeron de "Rosalía en Cambre".





miércoles, 24 de febrero de 2021

martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO (RECURSOS NAS BIBLIOTECAS PLAMBE)

 O 24 de Febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Desde o noso centro estanse realizando moitas actividades que iremos publicando nesta semana pero tamén queremos compartir os traballos que se fan desde outras bibliotecas pertencentes ó PLAMBE.

En primeiro lugar, un SCAPE ROOM para saber máis da vida da escritora realizado no CEIP RAQUEL CAMACHO (A Coruña). 

Desde o CEIP XESÚS SAN LUIS ROMERO (Carballo) compartimos este pasapalabra.
E unha escolma de poemas musicados e un crebacabezas desde o CEIP FILOMENA DATO (Barbadás- Ourense)preview36pieceRosalía peques

domingo, 21 de febrero de 2021

Novas

 Seguimos adaptando o mobiliario á diversidade de alumnado e comunidade educativa do centro. Mobles máis accesibles e espazos dinámicos que poden adaptarse ás multiples actividades que xurden cada día. 





domingo, 14 de febrero de 2021

ENTROIDO GALEGO NO GRAXAL

O MECO

Chegou o Entroido e tratámolo tendo en conta o PDI de centro "GALICIA EN RUTA, ANDAINA GALEGA". Cada aula tivo que investigar sobre unha personaxe do Entroido Galego.
 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou este libro coas distintas personaxes do Entroido Galego acompañadas por rimas creadas por eles que falan da indumentaria dos traxes.
Os pequenos de 5º A de Infantil investigaron sobre o Felo de Maceda, empregaron diferentes formas xeométricas para crear a máscara e despois empregando esas formas deseñouse unha máscara de Felo na impresora 3D da biblioteca. Empregaron a balsa da máscara para trazar a silueta e despois debuxaron os seus propios Felos.







Neste pequeno vídeo podedes ver como quedaron as portas das clases, nas que cada grupo representou a súa personaxe do Entroido Galego.

O alumnado de 5º A foi o encargado de afondar máis a súa investigación sobre o Entroido galego. O resultado das súas indagacións aparecen nos 6 podcast de radio que se presentan a continuación.

DÍA MUNDIAL DA RADIO. OS PODCAST DE RADIOCURUXA NO CURSO 2020-2021

  No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. 


O curso 2020-2021 e o segundo ano no que o noso centro está no programa "Radio na biblio" pero por causa da pandemia e o primeiro curso no que podemos gravar desde a radio do cole. 


Nesta presentación fixemos unha recompilación cos 16 Podcast gravados no que levamos de curso, dos cales 6 son inéditos feitos polo alumnado de 5º A sobre o  ENTROIDO e relacionados co PDI de centro "GALICIA EN RUTA, ANDAINA GALEGA".


A radio é unha ferramenta pedagóxica de gran alcance capaz de xerar unha importante dinámica de comunicación, de apoio aos proxectos, de difusión de produtos culturais e das investigacións elaboradas polo alumnado, unha ferramenta facilitadora da educación para a competencia en información e medios.


jueves, 11 de febrero de 2021

ENTREVISTAS NA RADIO E POR VIDEOCONFERENCIA NO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

 

O alumnado de 5º A realizou unha entrevista por vídeoconferencia coa Doutora María Delgado, cirurxiá torácica no CHUAC. 



O alumnado de 3º A realizou unha entrevista por vídeoconferencia coa técnica do laboratorio Healthincode; Marta Neira .



Manuel, Enya, Lara e Martín, alumnas e alumnos de 4º B entrevistan a Marga, enfermeira do colexio con motivo da celebración do Día da muller e a nena na ciencia.






miércoles, 10 de febrero de 2021

MULLERES DE CIENCIA DO GRAXAL. 11 DE FEBREIRO, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.


Nesta semana enviouse unha mensaxe pola aplicación Abalar as familias cun pequeno formulario online. Este formulario iba dirixido ás nais, avoas, tías... das nosas alumnas e alumnos que traballan no ámbito das STEM ( ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) coa intención de 
AMOSAR A PRESENZA DAS MULLERES DO GRAXAL NA CIENCIA .

Aquí temos as 21 mulleres que contestaron ó noso cuestionario. Moitísimas grazas pola vosa participación e por axudarnos a transmitir unha mensaxe ao noso alumnado "CONCIÉNCIATE, AS MULLERES TAMÉN PODEN"


 


Exposición cunha selección de libros sobre as mulleres na ciencia e con materiais de laboratorio que se empregan para as PCR e para outro tipo de mostras de detección do COVID 19.

jueves, 4 de febrero de 2021

Novo mobiliario

Seguimos reformando os espacios. Acaban de chegar novos mobles máis versátiles xa que podemos colocalos en diversas posicións para adaptalos a diversos espacios e alumnado. As rodas facilitan movelos de ubicación. 

Van a chegar máis mobles novos estade atentos ás novas




miércoles, 3 de febrero de 2021

PODCAST DE 5º A REALIZADOS NOS OBRADOIROS DE FORMACIÓN CON REDE ESPORA.

 O pasado venres o alumndo de 5º A participou nun obradoiro de radio escolar co equipo de Rede Espora.

Aquí tedes os audios que realizaron durante esta formación.