domingo, 29 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante o mes de Novembro preparamos unha exposición no corredor da entrada ao centro no que moitas clases colocaron os traballos que están realizando sobre as ciencias. Tamén aproveitamos para expoñer unha pequena selección de materiais e  libros da biblioteca relacionados coa ciencia en galego.
 Algunhas rapazas e rapaces animáronse a gravar as súas investigacións para compartilas .

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE.

O próximo xoves 3 de decembro, celébrase o día da discapacidade.
 Desde Librolandia presentamos algúns dos moitos libros sobre este tema que temos na biblioteca e engadimos unha presentación feita pola mestra Inés de Audición e Linguaxe con curtametraxes para poder traballar con todo o alumnado.

Curtametraxes sobre a Discapacidade

viernes, 27 de noviembre de 2020

Alumnado de segundo

 O alumnado de segundo mailo seu titor Pablo en Librolandia. A rapazada participa de varios obradoiros empregando algúns dos recursos da biblioteca escolar. 









jueves, 26 de noviembre de 2020

Eliminación da violencia de xénero 2020

Todo o alumnado do centro colgou o seu lazo para amosar a súa repulsa contra a violencia de xénero. Para acabar co virus da violencia de xénero cada aula creou unha vacina para combatir este mal.
O alumnado de 6º de Primaria gravou un vídeo no que amosa a súa visión sobre a violencia de xénero.



miércoles, 18 de noviembre de 2020

Podcast Radiocuruxa. Mes da ciencia en galego.

 Radiocuruxa volve a cobrar vida. Esta vez da man da xentiña de tercero de primaria. 

Estes pequenos locutores fixeron un enorme traballo de investigación sobre Isabel Zendal e a vacina da variola,  para a realización da escaleta.


martes, 17 de noviembre de 2020

Mes da ciencia en galego

 Nas aulas están a traballar arreo para a exposición das ciencias da planta baixa .

A rapazada colaboradora de LIBROLANDIA creou de xeito colaborativo, a través da aula virtual, uns carteis con  nubes de palabras científicas en galego.




  

viernes, 13 de noviembre de 2020

Día das Librarías

 E ti, de que libraría ves sendo? 

En Librolandia somos das librarías de barrio, das que están preto de nós, das que aconsellan, das que se emocionan ao recomendarche un libro. 

Somos moito de "Moito Conto", de " Alita cómics", de "Santos e Ochoa", de "Ler librerías"... 

Nesta ocasión 5 dos colaboradores de 5° da biblioteca acompañáronnos á libraría do barrio, "Ler librarías", para escoller libros para a biblioteca. Falaron coa libreira, pedíronlle consello, escoitaron as súas recomendacións e aínda que lles custou decidirse con tantos libros, ao final fixeron unha selección variada. 

E ti, de que libraría ves sendo? 





















lunes, 9 de noviembre de 2020

FORMACIÓN RADIO CON REDE ESPORA

Esta tarde o equipo docente, por fín, recibimos a formación de radio con Rede Espora que tivéramos que aprazar por mor do confinamento. 
Grazas a Cristina por todos os bos consellos que estamos desexando poder empregar co noso alumnado na radio.



 

domingo, 8 de noviembre de 2020

El banquete de los monstruos polo alumnado de 1º B

O alumnado de 1ºB traballa o valor da amizade a través dun conto cheo de humor, enxeño e receitas moi curiosas.  Non vos perdades este vídeo que zumega creatividade!