viernes, 26 de noviembre de 2021

Mes da ciencia en galego

En tercero C estiveron a experimentar coas cores dos alimentos . Engadiron a auga de lombarda acedos e bases en diferentes proporcións para acadar tódalas cores. 

A cromatoloxía dos alimentos por Tercero C

 

1º VÍDEO BIBLIOCIENCIA: A CONTAMINACIÓN DOS PLÁSTICOS

As colaboradoras do Club de Ciencias, Noela e Candela comezan unha serie mensual de vídeos nos que nos informan sobre temáticas relacionadas coa AXENDA 2030 e ofrecen consellos para acadar os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 Novembro no Graxal

Coma todos os anos desde o CEIP P GRAXAL non queremos deixar pasar esta data sen traballar co noso alumnado a importancia da igualdade e da loita contra a violencia de xénero.
Desde a biblioteca fixemos unha pequena escolma de lecturas pola igualdade moitas das cales xa se atopan repartidas polas aulas nas caixas para a hora de ler.

O equipo de actividades extraescolares e complementarias organizou unha actividade na que participaron todas as nenas e nenos do centro aportando unha bolboreta para un mural que leva por lema "FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA: NON"
 
O alumnado de 5º realizou un vídeo de repulsa contra a violencia de xénero no que comparten protagonismo co "Paraugas" símbolo do noso barrio.





 A rapazada de 6º de infantil traballou o conto de Artur e Clementina de Adela Turin e fixeron un pequeno traballo que expuxeron na fiestra da aula.


miércoles, 24 de noviembre de 2021

Radio Na Escola

 Hoxe foi a quenda de cuarto A para a formación de radio na escola. 

Recibiron formación do compañeiro de Loreto Silvoso no programa das mañás de Radio Voz Coruña , Pablo Portabales.

Dalle ao play






martes, 23 de noviembre de 2021

Radio na escola

 Contamos coa visita de Loreto Silvoso de Radio Voz para a formación do programa Radio na escola.

A cativada de cuarto puido gozar coa simpatía e a profesonalidade da locutora de radio Loreto Silvoso que aprendeulles diversas técnicas para ser radio falantes.

Dalle ao play 








lunes, 22 de noviembre de 2021

Mes da ciencia en galego

 A rapazada de cuarto co acompañamento da mestra Andrea Pérez nun obradoiro sobre a luz e as cores. 

Pronto poderedes ver o vídeo completo coa exposición de todo o que se está a facer éste mes no centro.




jueves, 18 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA EN FAMILIA: ARQUITECTAS E BIÓLOGAS EN 5º DE INFANTIL

A rapazada de 5º de infantil coa axuda das familias está traballando un montón neste mes da ciencia.

Onte contaron coa presenza dunha nai e un pai arquitectos que lles amosaron como se empregaban un escuadro, un cartabón e un compás, tamén trouxeron maquetas e traballaron co plano do colexio para facer unha busca do tesouro.

Hoxe visitounos unha nai bióloga que coa axuda dun papá explicoulles temas moi interesantes, relacionados co proxecto do corpo humano que están traballando, como o funcionamento dos sentidos. Falaron do oído, do equilibrio e as ondas, do sentido do tacto, descubrindo os receptores nerviosos, onde hai mais ou menos, da vista empregando ilusións ópticas...

Grazas á colaboración das familias podemos contar con grandes expertos que lles axudan a investigar nos proxectos.








                                                                                                                                 

martes, 16 de noviembre de 2021

Impresora 3d

A rapazada de quinto e sexto están a colaborar aprendendo a imprimir e deseñar na impresora 3d , estes colaboradores formarán aos seus respectivos compañeiros.
Para comezar imprimiron unha célula para a exposición do mes da ciencia en galego. 





viernes, 12 de noviembre de 2021

Día das librerías

Co gallo do día das librerías saimos co alumnado de terceiro e quinto na procura de libros para a nosa biblioteca. Non hai mellor xeito de asegurarnos que as lecturas sexan atractivas para a rapazada que cando as escollen eles mesmos. Visitamos a librería Ler do Temple pola proximidade ao centro, para facer a compra

miércoles, 10 de noviembre de 2021

OBRADOIROS DE APRENDIZAXE EN 6° DE INFANTIL

A rapazada de 6° de infantil emprega a biblioteca para traballar no seu proxecto de investigación. Os diferentes materiais manipulativos axudan ás nenas e nenos para ampliar e reforzar os seus coñecementos sobre "As cores do outono".

 

TEMPO DE LECER EN LIBROLANDIA

Neste curso, Librolandia abre nos dous recreos, para que por turnos, para non mesturar os grupos burbulla, cada aula poida ir e facer uso dos materiais que alí temos. 
Aquí tedes ó alumnado de 4° e de 2°.







 

OBRADOIROS de aprendizaxe

 A cativada de terceiro traballa en estacións ou obradoiros de aprendizaxe. Deben realizar diferentes propostas relacionadas coa xeografía. Empregan os recursos que LIBROLANDIA pon a disposición da comunidade educativa. Material manipulativo para favorecer as aprendizaxes e para unha educación máis activa.



martes, 9 de noviembre de 2021

VISITA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLOREZ- ALUMNADO 3º

O alumnado de 3º visitou Villa Florentina en Cambre, a residencia de verán do escritor que inmortalizou a Fraga de Cecebre na súa obra literaria "O bosque animado". 
A rapazada puido ver a exposición permanente con obras e obxectos persoais do artista, así como a súa biblioteca e unha colección de animais disecados.
As nenas e nenos tamén se adentraron no bosque onde puideron descubrir coa axuda dunha guía moitos dos tesouros que alí se atopan, cogomelos, árbores autóctonas...






 

Bibliociencia

As colaboradoras do clube de ciencias levan dende principio de curso a traballar nas caixas dos experimentos. 
Están a preparar diferentes experimentos en caixas para que profesorado ou alumnado poidan levalos en préstamo ás aulas. 
Fixeron os carteis, están a facer as instrucións e están a buscar os materiais . 
Todo un traballo de creación e divulgación científica.
Xa remataron dúas e teñen outras seis en proceso... Pronto en Librolandia