viernes, 31 de marzo de 2023

Viaxando en barco

 As familias e as mestras de 6 de Infantil organizan unha travesía imaxinaria en barco.

Nesta ocasión viaxan polo continente Americano degustando alimentos típicos deste continente.

Familia e escola colobararon preparando esta performace e unha gran exposición con obxectos típicos dos paises americanos.























LSE. Lingua de Signos

 A cativada de primeiro signa os seus nomes en LSE 



Animáis en perigo de extinción

 A rapazada de Tercero A preparou uña vídeos sobre animáis de Galicia en perigo de extinción.

Eles sós investigaron, prepararon carteis coa información e fixeron cadansúa gravación e edición  do vídeo.













miércoles, 29 de marzo de 2023

Ponte nas ondas

A rapazada de cuarto recibe formación dentro do programa Radio na escola de Ponte nas ondas. Seica aprenderon moito sobre a radio e pronto os escoitaredes en Radio Curuxa.

martes, 28 de marzo de 2023

Novas. Teatro no Graxal

Neste ano estamos a invertir no teatro, por ser un recurso que está a empregar a comunidade educativa para múltiples actividades. Primero colocamos as cortinas novas e agora estamos a montar un armario para gardar todo atrezo e material a disposición da comunidade educativa.

Día do teatro

Alumnado 3°B. Obra creada pola rapazada para explicar o crecemento das plantas.

jueves, 23 de marzo de 2023

miércoles, 22 de marzo de 2023

Campaña de sensibilización

 Esta semana acudiu ao Graxal a asociación Fegerec -Feder de axuda ás persoas con enfermidades raras. Realizaron unha campaña de sensibilización con todo o alumnado do centro.

O contacto do alumnado con estas asociacións permite que sexan mais conscientes das dificultades, medos, incertidumbres que senten as familias e persoas afectadas. 






Formación do profesorado

 O profesorado do Ceip. Graxal participa nun curso de formación interna sobre programación con Micro:Bit e Scrach.




Rosco ao Rescate

A rapazada participa na actividade Rosco ao Rescate ofertada por Xanceda. Nesta actividade a cativada realiza diversas tarefas relacionadas coa reciclaxe e o medio ambiente.

martes, 21 de marzo de 2023

Día da poesía. 21 de Marzo

 A rapazada de Terceiro A inventa e recita poesía sobre a artesanía.


Aquí tedes os vídeos da rapazada do Graxal en verso.


lunes, 20 de marzo de 2023

sábado, 18 de marzo de 2023

Obradoiro Teatro. Segundo de primaria.

 A rapazada de segundo participa nun obradoiro de teatro impartido por Raquel G.Crespo da compañía "O ruiseñor".

#bibliotecacreativa



lunes, 13 de marzo de 2023

Cestería

A rapazada de tercero participou nun obradoiro de Cestería dentro do proxecto #amosarte . O obradoiro foi impartido por Faustino, un artesán que fai cestería con material de refugallo ( Cintas de embalar caixas recollidas no mercado de froitas). Faustino ten diversidade funcional por mor dun accidente laboral que lle fixo cambiar de vida e adicarse os cestos.

Animación lectora

A rapazada de segundo realizou unha actividade de animación lectora . Actividade relacionada coa lectura " A xoaniña Renata" guiada por unha contacontos.

Poesía

A poesía enche os corredores do centro. En cada recuncho do cole atoparás diversas lecturas en verso.

Podcast Radio Curuxa: Os peluches

Tercero A

viernes, 10 de marzo de 2023

Podcast 8M As mulleres da historia.

 A rapazada de cuarto fálanos de mulleres que fixeron historia por motivos diversos... moda, ciencia, arte, deporte...


miércoles, 8 de marzo de 2023

8M

A rapazada de sexto organizou unha xincana para o resto do alumnado do centro. 
A cativada tivo que empregar un mapa para buscar polo patio as fotos de diferentes mulleres deportistas de élite.


A rapazada de tercero preparou unha enquisa para mostrar a través de gráficos de barras a realidade na realización das tarefas do fogar das súas casas.
Na maioría dos casos ambas persoas do fogar colaboran nas tarefas, pero puidemos observar que limpar a casa e lavar a roupa seguen sendo realizadas maioritarimente polas nais.