jueves, 22 de diciembre de 2022

A guía lectora nos comercios locais

Biblio Librolandia está moi comprometida co comercio local.

 Como cada ano achégamos as recomendacións do Nadal ás librerías do barrio.

E lembrade que a rapazada do Graxal pide libros e xogos polo Nadal.

Ùpala Shop - Enter.4 - Ler librerías 

#bibliotecasolidaria





viernes, 16 de diciembre de 2022

Viaxe en avión

 As familias da rapaza de infantil mais a súa mestra recrean un aeroporto para que os peques vivan un viaxe en avión por Europa.

Toda unha performans que rematou cunha merenda con alimentos de varios países e unha exposición de obxectos de lugares do noso continente.








martes, 13 de diciembre de 2022

Instrumentos do mundo

Carmela e Vera deron a charla " instrumentos do mundo" a todos os 4°.Falàronos do jazz e da música tradicional galega.

sábado, 3 de diciembre de 2022

Ciencia en Cuarto

Impresionante o traballo destes científicos. Non perdas de seguir os experimentos.

 

Xogos e Postais

 Durante éste mes o equipo de dinamización da lingua en colaboración coas familias preoarou unha memorable exposición de postais para o recordo e xoguetes de antaño.












Venres de Ciencia en familia

 Éste venres de ciencia foi especial .

Nesta ocasión tivemos un experimento en familia.

Tamén no enlace podedes ver un experimento das maravillosas científicas Eire e Vera.


Dalle ao play




martes, 29 de noviembre de 2022

Calendario de advento

 O equipo de dinamización da lingua en colaboración coa biblioteca escolar organizou un calendario de advento.

A cada aula correspóndelle unha caixa do calendario. Dentro atoparedes un libro en galego para ler nese día. 

Estades desexando saber cal vos tocou? Deberedes esperar a data ...

Bo Nadal!









More than human

 A rapazada de quinto visita a exposición More Than Human en Afundación. 

Un percorrido polo mundo da intelixencia artificial dende o pasado ata o futuro mais próximo.



sábado, 26 de noviembre de 2022

jueves, 24 de noviembre de 2022

25N Contra a violencia de xénero

 A rapazada de Sexto retrata a violencia de xénero nas mulleres Picassianas.

Que ninguén borre o teu sorriso.


O Ceip Graxal énchese de sinais contra a Violencia de Xénero.



martes, 22 de noviembre de 2022

Clube de Robótica


 As expertas en robótica do Graxal están a mostrar o funcionamento dos novos robots. 

Durante as vindeiras semanas acudirán á Biblio no recreo para aprendernos a programalos. 

Aquí as tedes con Tale Bot









viernes, 18 de noviembre de 2022

Venres de Ciencia

 Este venres tivemos un alumno de terceiro facendo un experimento de con diferentes densidades.

 A sala estaba chea de alumnado de todo o centro que decidiu acudir no tempo de lecer a velo.

Dalle ao play





jueves, 17 de noviembre de 2022

miércoles, 16 de noviembre de 2022

Obradoiros de aprendizaxe

 Librolandia é un gran laboratorio de aprendizaxe para a nosa rapazada que goza de materiais para unha ensinanza mais activa e lúdica.

Terceiro A obradoiros de ciencia



viernes, 11 de noviembre de 2022

Primer venres de Ciencia

 Todos os venres alumnado ou familias expoñeran experimentos durante o recreo.

Velaquí as imaxes do día de hoxe.

Venres de ciencia no Graxal





miércoles, 9 de noviembre de 2022

martes, 8 de noviembre de 2022

Mes da ciencia nas bibliotecas

Novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas.Todos os venres haberá exposicións na aula de cristal.
Se queres vir a mostrar todo o que sabes de ciencia anótate na biblioteca.
A rapazada do clube de robótica fará obradoiros no tempo de lecer. 
Lembra mirar o panel da entrada para estar informado dos días dos obradoiros e exposicións.


martes, 1 de noviembre de 2022

jueves, 27 de octubre de 2022

Obradoiros de Samaín

 Os pequechos de primeiro están a gozar cos abradoiros de Samaín ... Son moi molones! 

A tope de diversión!





Educación Viaria


 A cativada do Graxal está a facer prácticas de seguridade viaria en colaboración coa Policía Local de Cambre. Unha gran iniciativa na educación da rapazada que xa dispón de candandeu carnet de Policía.





Amosarte

 A rapazada do Graxal anda a argallar algo....

Que estarán a comentar?

Dalle ao play 

Algo está a pasar....



miércoles, 26 de octubre de 2022

A bruxa Regañadentes

 A bruxa Regañadentes anda polo Graxal. Ten moito coidado! Procura levar algún obxecto máxico no peto por se te atopas con ela.







Samaín 2022

 Unha vez mais temos que agradecer ás familias a colaboración para a ambientación do centro.

O corredor do Graxal está de medo!

Dalle ao play !!!



martes, 25 de octubre de 2022

A policía local de Cambre

 Axentes da policía local de Cambre imparten seguridade viaria á rapazada do Graxal.

Ao longo desta semana pasarán por todas as aulas para educar a cativada. Terán unha sesión teórica na aula mais unha sesión práctica.

Expertos no Graxal







Formación de Usuarios

O profesorado fará ao longo do curso diversas formacións de usuarios para aproveitar todos os recursos de Librolandia.
Nesta primeira sesión aprendemos os recunchos, as normas e o emprego do KOHA para préstamos e devolucións.





Samaín de cine no Graxal

 A rapazada está a gozar de curtas de medo no tempo de lecer.

Aquí tedes o cartel coas sesións.







jueves, 20 de octubre de 2022

Amosarte: artesanías de Samaín

 A rapazada de cuarto quere #Amosarte as artesanías que están a facer polo Samaín .



Acompañamentos Lectores

 Despois de varios anos de pandemia por fin volta  ao Graxal unha das actividades que mais gusta a mestres e cativos . 

Os acompañamentos lectores , alumnado dos cursos superiores amadriñan a alumnado de cursos mais baixos. 

Nestas sesións de acollemento comparten lecturas, ilustracións, adiviñas , manualidades, dramatizacións... Pero sobretodo aprendizaxe e emocións.





martes, 18 de octubre de 2022

O Moucho está de volta

 Non podía faltar o Moucho! Unha vez mais está de volta no Graxal facendo gozar a nosa rapazada da literatura.

#bescolares #bescolaresgalaberta #plambe #bibliotecacreativa








miércoles, 12 de octubre de 2022

Foliada no Graxal, a festa do millo

 Dende o Graxal queremos por en valor as nosas tradicións e costumes.

 Fai un par de anos varias aulas do noso centro festexaron unha maravillosa foliada. Nesta ocasión sumámonos á festa algunhas aulas mais.

Esta festa  tivo tal acollida que esperamos que nos vindeiros anos se sume toda a comunidade educativa.

Aquí tendes un pequeno resumo en forma de vídeo.

#amosarte #plambe #bescolaresgal 



domingo, 9 de octubre de 2022

Día das escritoras: Paula Carballeira

 O 17 de outubro é a data escollida para a celebración do día das escritoras, este ano baixo o lema: "Antes , durante e despois das guerras"

Dende Librolandia preparamos esta presentación escollendo a nosa benquerida Paula carballeira como unha das escritoras a homenaxear. No seu libro "O principio" reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precaridade , a fortaleza ante o drama humano.


jueves, 6 de octubre de 2022

Maletas Viaxeiras

 Nestes días temos no cole a maleta literaria CONTOS PARA UN PLANETA. 

Toda a comunidade educativa pode gozar con éstas lecturas que irán rulando por diferentes corredores do centro. CEIDA 

#bibliotecasolidaria #plambe #bibliolibrolandia