lunes, 27 de febrero de 2023

Obradoiro de Gaitas

A rapazada de quinto quere #amosarte a visita ao obradoiro de gaitas Seivane. Aprendendo artesanía da man dos mellores expertos.

miércoles, 15 de febrero de 2023

San Valentín

A rapazada do Graxal anda a repartir amor. A rapazada dos acompañamentos lectores xuntánse para facer este podcast e compartir mensaxes de amizade e cariño.



martes, 14 de febrero de 2023

Olería #amosarte

 A rapazada de cuarto quere #amosarte como gozaron co obradoiro de olería.

A artesanía enche cada aula do Graxal formando parte dun proxecto feito a man feito con amor.



A Candeloria


 A rapazada de cuarto investigou sobre o cortexo dos paxariños. Queres coñecer cousas sobre as aves?... Pois escoita este marabilloso podcast. O San Valentín dos paxariños.


Ledicia Costas en Librolandia

 Ledicia Costas autora dos libros dos Minimortos, Escarlatina a cociñeira defunta e a Señorita Bubble visita Librolandia.

Deixouvos os exemplares dos Minimortos asinados e adicados podedes collelos nas sección de novidades da biblioteca.





lunes, 13 de febrero de 2023

domingo, 12 de febrero de 2023

Formigas

 En Librolandia temos un formigueiro, a rapazada e o resto da comunidade educativa poderá facer o seguimiento do ciclo de vida das formigas.

Trátase dun formigueiro impreso en 3D de Proanthobby.

Coa axuda do novo microscopio dixital poderemos ver todo o proceso.

Dende Librolandia aportamos unha infografía sobre o noso formigueiro e os seus coidados e tarxetas con información do ciclo de vida.



Redeiras queren amosarte

Este mércores 8 de febreiro viñeron as redeiras de Corme a amosarnos o seu traballo
tradicional. Coas súas mans artesáns,o mesmo tecen aparellos de pesca que crean
artesanía ( bolsos, colares, pulseiras…) reciclando refugallos.
Coa súa fermosa fala, Rosa, Gloria e María, contáronos da súa loita polos dereitos como
traballadoras do mar, ao mesmo tempo que nos aprendían a coser redes e a recoñecer os
diferentes tipos de apeiros segundo o tipo de pesca.
Unha experiencia fantástica que encandilou á rapazada.




jueves, 9 de febrero de 2023

jueves, 2 de febrero de 2023

English Corner

 O English Corner volta á ubicación que tiña antes da pandemia. O profesorado de Inglés do centro está a colaborar con Librolandia na preparación deste novo espazo.

Mestres e alumnado poderán gozar coas lecturas en lingua inglesa ao longo da xornada escolar. 

No tempo de lecer acudirán mestres e alumnado experto a contar contos. 

Un espazo para todos.








miércoles, 1 de febrero de 2023