viernes, 22 de marzo de 2024

Susurradores de poesías

Despedimos a semana e o trimestre cos susurradores de poesía. Nesta ocasión quinto C sae polo barrio para recitar as poesías creadas na instalación.

Entrevistas. Radio Curuxa

 A rapazada de quinto entrevista a dous mestres do cole que non van estar connosco o vindeiro trimestre.

Dalle o play e atentos a todo o que nos contan Raquel e Secun.


martes, 19 de marzo de 2024

lunes, 18 de marzo de 2024

Día mundial da poesía

Durante toda a semana, para celebrar o día mundial da poesía, a rapazada poderá pasar pola biblioteca para participar da instalación VERBAS EN EQUILIBRIO.
Poderán gozar coa proxeción da natureza, nun ambiente sensorial preparado con olor a bosque e sons característicos. Empregarán lanternas para alumear e atopar as verbas agochadas, contodo estarán  convidados a trenzar palabras formando versos e rimas.
Durante o tempo de lecer os susurradores de poesías pasearán polo patio ofrecendo estrofas. Estes susurradores líricos tamén sairán á rúa para recitar ás persoas que estean interesadas.



















SlowFood

A rapazada de cuarto asistiu a unha charla de SlowFood.
Aprenderon a importacia de comer alimentos locais de proximidade. Coñeceron as nosas denominacións de orixe e os alimentos máis característicos da nosa comunidades.





Instalación de ☃️ inverno

 Os mais cativiños do cole están a gozar nesta instalación preparada pola mestra Jeni.

Préstalles moito argallar en todo o espazo preparado. Todo con equilibrio estacional.









miércoles, 13 de marzo de 2024

Anxo Fariña

 O ilustrador Anxo Fariña visita al alumnado de terceiro de primaria. 

A rapazada participou deste obradoiro de biblioteca creativa.



viernes, 8 de marzo de 2024

Día da Muller 8M

 Dende a biblioteca escolar queremos por voz a todas as mulleres da contorno. Ao longo de toda a semana elas poderán achegarse ao estudio de gravación para ser escoitadas!