viernes, 13 de noviembre de 2020

Día das Librarías

 E ti, de que libraría ves sendo? 

En Librolandia somos das librarías de barrio, das que están preto de nós, das que aconsellan, das que se emocionan ao recomendarche un libro. 

Somos moito de "Moito Conto", de " Alita cómics", de "Santos e Ochoa", de "Ler librerías"... 

Nesta ocasión 5 dos colaboradores de 5° da biblioteca acompañáronnos á libraría do barrio, "Ler librarías", para escoller libros para a biblioteca. Falaron coa libreira, pedíronlle consello, escoitaron as súas recomendacións e aínda que lles custou decidirse con tantos libros, ao final fixeron unha selección variada. 

E ti, de que libraría ves sendo? 





















No hay comentarios:

Publicar un comentario