lunes, 7 de octubre de 2019

LIBROLANDIA NO PROXECTO RADIO NA BIBLIO

Non se pode empezar mellor un curso. Hoxe saiu a resolución da convocatoria para o proxecto "radio na biblio" e LIBROLANDIA foi seleccionada. Un proxecto no que se busca,  ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. 
Xa nos poñemos a traballar para poder crear o noso propio laboratorio de radio. 

sábado, 5 de octubre de 2019

NOVOS MATERIAIS PARA O ESPAZO CREATIVO

https://www.instagram.com/p/B3M4n8xI1Ay/?igshid=iceebsjw966a

LIBROLANDIA BIBLIOTECA CREATIVA.

En LIBROLANDIA volvemos a estar de celebración. Onte saiu publicada a resolución onde o noso centro pasa a formar parte do proxecto BIBLIOTECA CREATIVA. Grazas a este proxecto podremos mellorar a formación sobre robótica e ampliar os recursos da biblioteca. 

martes, 24 de septiembre de 2019

LIBROLANDIA NA OPEN SCIENCE CAMBRE

Esta fin de semana estivemos na Open Science Cambre presentando os proxectos sobre o PDI "CONSTRUÍMOS", do pasado curso. Onte pasamos polas aulas para entregar os diplomas ó alumnado que participou aportando proxectos para a Open Science Cambre. Gracias unha vez mais por participar activamente na vida escolar. E gracias tamén a todos os que nos visitaste esta fin de semana #oscambre19
AXENDA 2030 industria, innovación e infraestructura.


COMEZAMOS NOVO CURSO.

Comezamos novo curso en LIBROLANDIA e queremos recordar que o 8 deste mes, saímos no xornal laopinioncoruna co gallo da concesión do SELO DE BIBLIOTECA SOLIDARIA. Isto sería imposible sen a colaboración de toda a comunidade educativa que son o motor da biblioteca e do centro. Arrincamos novo curso con novos proxectos, novas ideas  😉  e con novos voluntarios.

miércoles, 10 de julio de 2019

SELO "BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA-2019"

En LIBROLANDIA, estamos de celebración, xa que hoxe fíxose pública a resolución na que se nos concede o SELO "BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA".
 Grazas a toda a comunidade educativa do CEIP P GRAXAL polo traballo e participación en tantas actividades que permitiron obter este selo de calidade.