jueves, 16 de diciembre de 2021

PROGRAMAS DE RADIO SOBRE AS CORES!

Ao longo deste trimestre, o alumnado de 4ºB estivo realizando un traballo sobre as cores coa mestra en prácticas Andrea Pérez Morandeira, o titor do grupo e a mestra de ciencias da natureza. Todo o elaborado, recolleuse nun blog elaborado por ela, ao cal poderedes acceder pulsando no seguinte enlace:
https://candadosvivosdecores4b.blogspot.com/

Para comunicar todo o aprendido decidiuse realizar uns programas de radio. Cada un dos grupos tiñan unha cor (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e violeta). Nestes podcast tratarán sobre as connotacións de cada unha delas, así como de outros aspectos; como se forman as cores, que teñen en común as cousas coa mesma cor, cores primarias e secundarias... Esperamos que vos gusten!

Impresora 3d

 A rapazada de Cuarto A deseñou  co programa Tinkercad bolas de Nadal para a imprimir na impresora 3d. Somos biblioteca creativa!



domingo, 12 de diciembre de 2021

15 DE DECEMBRO, DÍA OTAKU. MANGAS E I CONCURSO DE DEBUXO OTAKU/2021

A palabra otaku (おたく, オタク, ヲタク?) emprégase popularmente en Xapón e en outros países e  converteuse en sinónimo de persoa con afeccións apaixonadas ó anime ou manga.

En LIBROLANDIA queremos celebrar esta data estreando novos títulos de mangas e propoñendo o 
I  Concurso de debuxo Otaku/2021. Aquí tedes algúns dos novos mangas e as bases do concurso.  Os debuxos do concurso publicaranse no Facebook de LIBROLANDIA  e haberá un premio ó debuxo con máis " ME GUSTA". 



 

jueves, 2 de diciembre de 2021

OS VOLCÁNS 6º INFANTIL

As nenas e nenos de 6º de infantil estiveron investigando sobre os volcáns. Neste vídeo amosan algunhas das cousas que aprenderon.

miércoles, 1 de diciembre de 2021

MOUCHO LEROUCHO

Estamos contentos a rabiar, despois de moito tempo por fin o Moucho Leroucho volveu a visitarnos.
Xa votábamos en falta o seu acordeón, as súas cancións, os seus contos e poder espertalo cando adormece. 
Onte estivo co alumnado de 1º de primaria e 4º de Infantil e hoxe gozamos cos seus contos a rapazada de 5º e 6º de Infantil.





 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Rematou o mes de Novembro, e presentamos unha recompilación das actividades que se realizaron relacionadas coas ciencia. Neste Genially poderedes atopar a exposición con aportacións de numerosas aulas e un montón de actividades como obradoiros nos que se empregan os fondos e materiais da biblioteca, visitas escolares, a visita de expertas como nais e Carmen a nosa compañeira do equipo de limpeza, emprego da impresora 3D e os comezos do noso Club de ciencias.

Non deixedes de descubrir todo o que aprendemos neste mes da ciencia!