En LIBROLANDIA, tivemos a sorte de recibir hoxe a María Reimóndez que veu visitar ao alumnado de 4°. As rapazas e rapaces estaban moi emocionados e escoitaron atentamente todas as explicacións sobre as motivacións da autora para escribir "Lía e as zapatillas de deporte ", sobre que é o comercio xusto, como os nenos poden axuda a loitar contra o traballo infantil ... A continuación as nenas e nenos agasallaron á escritora cunha pequena obra de teatro ("AS NENAS SERÁN O QUE QUEIRAN SER") para celebrar o día de hoxe no que se festexa o DÍA DO TEATRO.
Por último María Reimóndez non dubidou en asinar todos os libros das nenas e nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario