martes, 5 de noviembre de 2019

A NOSA CATUXA E O MOUCHO XUNTOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE


Trinketrinke Teatro
O Moucho Leroucho cumpre 25 anos visitando as bibliotecas de Cambre e o celebra o martes 5 ás 18:30 na biblioteca Os Templarios, o día 6 na de Cambre ás 17:30, o 8 novamente nos Templarios ás 17:30 e 18:30 e o día 9 na Xabier P. Docampo da Barcala ás 17:30 h.
O seu amigo o rato Pillo (Juanillo Esteban) tenlle unha sorpresa preparada. Ademais o Moucho estará acompañado da súa nova amiga a Curuxa Catuxa (Nadia AlHariri) a quen coñeceu na biblioteca do CEIP O Graxal de Cambre.
Graciñas ao concello de Cambre por todos estes anos contando connosco e en especial á directora das súas bibliotecas Ángeles Roca, creadora do personaxe. Graciñas ás profes e ao alumnado do CEIP O Graxal, creadoras-es da Curuxa Catuxa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario