jueves, 28 de abril de 2022

TOUPICIENCIA CO ALUMNADO DE 6° INFANTIL E 3° PRIMARIA

 A compañía de teatro A XANELA DO MAXÍN presentounos a Toupiña e o seu axudante Protonio que andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.






BASEADO NA MINISERIE  TOUPICIENCIA

Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario