martes, 5 de noviembre de 2019

A NOSA CATUXA E O MOUCHO XUNTOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE


Trinketrinke Teatro
O Moucho Leroucho cumpre 25 anos visitando as bibliotecas de Cambre e o celebra o martes 5 ás 18:30 na biblioteca Os Templarios, o día 6 na de Cambre ás 17:30, o 8 novamente nos Templarios ás 17:30 e 18:30 e o día 9 na Xabier P. Docampo da Barcala ás 17:30 h.
O seu amigo o rato Pillo (Juanillo Esteban) tenlle unha sorpresa preparada. Ademais o Moucho estará acompañado da súa nova amiga a Curuxa Catuxa (Nadia AlHariri) a quen coñeceu na biblioteca do CEIP O Graxal de Cambre.
Graciñas ao concello de Cambre por todos estes anos contando connosco e en especial á directora das súas bibliotecas Ángeles Roca, creadora do personaxe. Graciñas ás profes e ao alumnado do CEIP O Graxal, creadoras-es da Curuxa Catuxa!

domingo, 3 de noviembre de 2019

EXPOSICIÓN CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Libros, maquetas, experimentos, investigacións... Xúntanse no corredor da entrada para que todo o mundo o poida aproveitar. 


martes, 29 de octubre de 2019

A BRUXA MARUXA

A BRUXA MARUXA CHEGOU HOXE NA SÚA VASOIRA MOTORIZADA A LIBROLANDIA PARA CONTAR UN CONTO DE MEDO E LOGO COA AXUDA DA MAGA ARGALLEIRA FIXERON UN CONXURO PARA QUE DESAPAREZAN TODOS OS MEDOS. REMATAMOS CANTANDO TODOS XUNTOS A CANCIÓN "A BRUXA MARUXA" DE MARÍA FUMAÇA.







https://www.facebook.com/biblio.librolandia.9/videos/172537613929934/

BREAK OUT. SAMAÍN. FORMACIÓN USUARIOS


 


 


 

lunes, 28 de octubre de 2019

Contacontos en Familia

O alumnado de 3° recibíu hoxe á nai e á tía de Noa que viñeron para contar un fermosos conto. Como xa se achega o Samaín, non dúbidaron en vir caracterizadas.